Documentais: “Torreiros”

A diferencia de outros documentais que se centran nos propios faros, Torreiros trata de lembrar, e homenaxear, os homes e mulleres que desempeñaron o antigo oficio de farer@s, a punto de extinguirse pola aparición de novos sistemas de navigación: do faro-sinal visual, alimentado por lámpadas de petróleo, pasouse ao faro eléctrico como soporte/axuda á navigación e despois ao GPS e outros sistemas inarámicos. Os homes e mulleres que se dedicaron a este oficio tradicional, cuxa intervención era indispensable ao principio, foron substituídos, paulatinamente, por sistemas automáticos.
Nunha viaxe por terra e mar aos faros máis representativos de Galiza, dase voz aos últimos torreiros en activo. Este percorrido polos faros galegos, serve tamén para pór en valor o patrimonio arquitectónico, que ten a súa identidade construtiva, e que rematou por definir unhas paisaxes físicas de gran valor ecolóxico e turístico.

www.torreiros.com

http://www.facebook.com/TorreirosDocu

http://torreiros.blogspot.com.es/

Palmarés:

– Selección Oficial no Festival Internacional de Cine de Castilla la Mancha 2013

– Selección Oficial no Festival Internacional de Cine de Espiello XI 2013

– Selección Oficial da 23 Muestra de Cine Antropológico y Social DocAnt 2013, Buenos Aires.

– Selección Oficial CINESEPTIEMBRE 2013, Muestra Internacional de Cine Independiente (Sinaloa, México)

Duración: 73′

Guión: Pablo Ces

Dirección e montaxe: Pablo Ces

Prod. executiva: Xosé Luis Ces, Aurora Marco

Dir. de produción: Xosé Luis Ces

Dir. De fotografía: Pepe Brey

Op. Cámara: Jose Luis S. Rodriguez, Pepe Brey, Manuel Marco

Op. Slide Cam: Manuel Torres

Dir. Musical: Luis Varela

Música: Luis Varela, Pilo Sierra,

Prod. Musical: Luis Varela, estudios Paz&Records

Son: Luis Varela

Subtítulos: Mariló Arias, Beatriz Ces

Grafismo: José Brey Blanco

TOP