Ces Media
Audiovisual: rodaxe e gravacións

Audiovisual: rodaxe e gravacións

Reel grabación 2021 from Pablo Ces on Vimeo.

Dispomos de equipos propios de gravación profesional dixital. Cámaras gama alta Black Magic BMPPC4K, cámara cinematográfica dixital súper compacta con resolución 4K, montura para obxectivos tipo MFT, 13 pasos de rango dinámico, gravación de arquivos BRAW en ProRes e UltraHD. A calidade de imaxe dos anuncios de televisión, vídeos musicais e longametraxes máis recentes lógrase rodando con cámaras dixitais e axustando a cor posteriormente co DaVinci Resolve. Son cámaras cun rango dinámico moi amplo que foron deseñadas para rodar cunha calidade verdadeiramente cinematográfica. Permiten aproveitar todo o estilo e a perfección do cine dixital para filmar anuncios publicitarios, vídeos musicais ou, mesmo, documentais, bodas, vídeos empresariais e calquer audiovisual.

Reel pospo 2021 from Pablo Ces on Vimeo.

Tamén realizamos traballos de motion graphics, pequenas animacións para redes, infografías en 3d e todo tipo de traballos de postproducción e etalonaxe.

orzamento dependerá do tipo de gravación que se queira realizar. A elección de determinados planos, como os aéreos, requiren maiores custes humanos e materiais en forma de desprazamentos e tempos, equipos profesionais especiais, etc.

Actores profesionais ou amateurs, presenza dalgunha personalidade famosa, necesidade dun casting, voz en off, música de creación propia…Todo isto, fai que cada proxecto precise dun orzamento único, diferenciado e adaptado ás necesidades concretas do cliente para cada audiovisual.

Información, prezos e orzamentos:

pablo.ces@gmail.com
(+34) 627746140