SINOPSE

CRÉDITOS

ADQUIRIR DVD

Face aos ventos, face ao mar, en seráns de lóstregos e tebras, en noites de invernía recubertas de ausencias, illado no medio de naufraxios, a figura do torreiro érguese solitaria entre os altos muros de pedra de faros monumentais ou de edificacións máis modestas. O seu oficio, antigo e semignorado, a punto de desaparecer, sufriu grandes transformacións nos últimos tempos, a comenzar polo nome que pasou a ser fareiro e, desde a década de 1930, a de "Técnico de Señales Maritimas". A imaxe clásica do torreiro está rodeada dunha aréola romántica, case mítica, que en moitos casos non responde á realidade: isolados nos faros de difícil acceso, e nas illas, sen estradas e medios autónomos de locomoción, cun salario cativo, alonxados das familias; espectadores e actores de rescates e salvamentos --ás veces con perda da propia vida--, a súa existencia estivo chea de vicisitudes e penalidades.

A aparición dos novos sistemas de navegación mudou por completo o concepto clásico do faro. Do faro-sinal visual, alimentado por lámpadas de petróleo, pasouse ao faro eléctrico como soporte/axuda á navegación. Tamén os homes que se dedicaron a este traballo, cuxa intervención era indispensable ao principio, foron substituídos por sistemas automáticos.

A recuperar, e homenaxear, os homes que desempeñaron este oficio, dedícase este documental. Nunha viaxe por terra e mar aos faros máis representativos de Galicia, darase a voz aos derradeiros torreiros en activo. Este percorrido polo faros galegos, servirá tamén para pór en valor o patrimonio arquitectónico, que ten a súa identidade construtiva, e que acabou por definir unhas paisaxes físicas de gran valor ecolóxico e turístico.

DIRECCIÓN E MONTAXE: Pablo Ces

DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA: José B. Blanco

DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN: José Luis Ces Laíño

PRODUCIÓN MUSICAL: Luis Varela

NARRACIÓN: Luis Iglesia

BSO: Luis Varela, Pilo Sierra

GUIÓN: Pablo Ces

GRAFISMO: Pepe Brey

OPERADOR DE CÁMARA: José B. Blanco, Pilo Sierra, Manuel Marco

OPERADOR SLIDE-CAM: Manuel Torres

POSTPRODUCIÓN VIDEO: Rocío Hernández, Pablo Ces

POSTPRODUCIÓN AUDIO: Luis Varela

GRABACIÓN LOCUCIONES: Jacobo Paz, Estudio Paz&Recods

GRABACIÓN BANDA SONORA: Luis Varela, Estudio Paz&Recods, Estudio 64

SUBTÍTULOS: Marilo Arias, Beatriz Ces

Encarga o teu DVD vía mail. Indícaqnos a dirección ó seguinte correo:

torreiros@gmail.com

Pvp: 10 €  + 3 € gastos de envío

 

Duración: 73 min.

Contido extras:

Banda sonora orixinal

Galería fotográfica

Trailer promocional