Documental “Miracielo”

“Pues aunque nuestros pies toquen el fango, nuestras frentes están más altas que el cielo”. Así explicaba Manuel Ponte Pedreira,  en carta ao xuíz instrutor do Goberno Militar da Coruña (1946), o significado do seu nome de guerra, Miracielo.

Miracielo é un documentario histórico que achega a traxectoria do guerrilleiro de Abellá (Frades) no movemento de resistencia antifranquista dos anos 40. Loitador polas causas da República e da Liberdade,  foi xefe da IV Agrupación do Ejército Guerrillero e caeu fusilado con dous compañeiros o 21 de abril de 1947 en O Fontao, perto da casa en que naceu.

http://www.silenciadas.es/miracielo.html

Título: Miracielo. Vida e morte de Manuel Ponte Pedreira

Xénero: Documental

Duración: 40′

Investigación: Aurora Marco

Guión: Aurora Marco, Pablo Ces

Dirección e montaxe: Pablo Ces

Prod. executiva: Aurora Marco, Xosé Luis Ces

Dir. de producción: Xosé Luis Ces

Op. Cámara: Jose Luis S. Rodriguez, Jose Segura, Chis C. Laiño

Música: A Quenlla, “Silencios na memoria”

Son: Manuel Marco

Aux. dirección: Dolores A. Rodríguez

Subtítulos: Mariló Arias

Grafismo: Pepe Brey

TOP