Audiovisual: rodaxe e gravacións

Audiovisual gravacións

 

Dispomos de equipos propios de gravación profesional dixital. Cámaras reflex de gama alta e Black Magic, cámara cinematográfica dixital súper compacta con resolución 2.5K, montura para obxectivos tipo PL, 13 pasos de rango dinámico, gravación de arquivos RAW en ProRes e UltraHD. A calidade de imaxe dos anuncios de televisión, vídeos musicais e longametraxes máis recentes lógrase rodando con cámaras dixitais e axustando a cor posteriormente co DaVinci Resolve. Son cámaras cun rango dinámico moi amplo que foron deseñadas para rodar cunha calidade verdadeiramente cinematográfica. Permiten aproveitar todo o estilo e a perfección do cine dixital para filmar anuncios publicitarios, vídeos musicais ou, mesmo, documentais, bodas, vídeos empresariais e calquer audiovisual.

Audiovisual gravacións 2

 

 

orzamento dependerá do tipo de gravación que se queira realizar. A elección de determinados planos, como os aéreos, requiren maiores custes humanos e materiais en forma de desprazamentos e tempos, equipos profesionais especiais, etc.

Actores profesionais ou amateurs, presenza dalgunha personalidade famosa, necesidade dun casting, voz en off, música de creación propia…Todo isto, fai que cada proxecto precise dun orzamento único, diferenciado e adaptado ás necesidades concretas do cliente para cada audiovisual.

Información, prezos e orzamentos:

pablo.ces@gmail.com
(+34) 627746140

 

TOP