Documentales: “O eslabón perdido”

Fondo pag face

Documental “O ESLABÓN PERDIDO”, sobre a figura do escalador de boulder Benito Santos, máis coñecido como BendeCorme, e a súa actividade como escalador e percebeiro profesional. Último da serie de catro documentales sobre memoria e oficios de Galicia. + info: eslabonperdidodocu.com https://www.facebook.com/eslabonperdidodocu Palmarés:  _ Selección Oficial XVI Semana da Montaña de Ourense _ Selección Oficial XI […]

Documental “As silenciadas”

Documental silenciadas

As silenciadas é un documental histórico que recupera historias de vida, inseridas no seu contexto, de numerosas mulleres que andaron na clandestinidade ou apoiaron desde a chaira o movemento guerrilleiro. Por defendelo, foron duramente represaliadas: morte, cárcere, tortura física e psicolóxica, exilio… O seu papel foi fundamental na supervivencia deste movemento de resistencia e cómpre […]

Documentais: “Torreiros”

Foto de documentais

A diferencia de outros documentais que se centran nos propios faros, Torreiros trata de lembrar, e homenaxear, os homes e mulleres que desempeñaron o antigo oficio de farer@s, a punto de extinguirse pola aparición de novos sistemas de navigación: do faro-sinal visual, alimentado por lámpadas de petróleo, pasouse ao faro eléctrico como soporte/axuda á navigación e […]

Documental “Miracielo”

Titulo

“Pues aunque nuestros pies toquen el fango, nuestras frentes están más altas que el cielo”. Así explicaba Manuel Ponte Pedreira,  en carta ao xuíz instrutor do Goberno Militar da Coruña (1946), o significado do seu nome de guerra, Miracielo. Miracielo é un documentario histórico que achega a traxectoria do guerrilleiro de Abellá (Frades) no movemento […]

Documental “Causa 1021”

Causa3

“Causa 1021” relata a historia dos fusilamentos acontecidos en Verín en 1936 tras o levantamento militar. Produción executiva: MrMisto Films Guión e dirección: Xosé Lois Santiago e Pablo Ces Edición Montaxe: Pablo Ces Operador de cámara: Jose Segura Axudante de dirección: Laura Mendéndez Xefe de produción: Xosé Lois Santiago Axudante de produción: Andrea Torreiro Deseño […]

Documental “Cariño 1941”

CARIñO

Cariño 1941 relata a historia aínda non contada do barco Ole Jacob, afundido diante de Cariño na II Guerra Mundial tras un intenso bombardeo que presenciaron os habitantes desta vila. Produción executiva: MrMisto Films Guión e dirección: Xosé Lois Santiago e Pablo Ces Montaxe: Pablo Ces Dirección de fotografía: Jose Segura Axudante de dirección: Laura Mendéndez Xefe […]

TOP