Quen somos

Saúdos

No 2011 estreamos o noso primeiro documental, "As silenciadas", despois de catro anos de investigación e traballo de campo. O esforzo pagou a pena, xa que se proxectou en máis de 100 lugares e obtivo varios premios en Festivais, entre eles o Mestre Mateo ao mellor documental no 2012. Este feito deunos pulo para continuar a traballar no audiovisual, e así foron aparecendo outros traballos: "Miracielo. Vida e morte de Manuel Ponte Pedreira"(2012), "Torreiros"(2012), "O eslabón perdido"(2014). Neste proceso, tamén nos especializamos en Motion Graphics, con diversos traballos corporativos e vídeos publicitarios, para empresas como Cabreiroá, Stribild, Augasmestas, etc. Na actualidade ofrecemos servicios integrais de produción audiovisual, desde a planificación, preprodución, gravación e postprodución de son e vídeo. Contamos con algunhas empresas colaboradoras, como Bonham Estudios, Mandeo Records, Caleida Creaciones Audiovisuales, Tolo Tola Creativos...

Contacto

QUE FACEMOS

Rodaxe e Gravacións

Cámaras reflex de gama alta e Black Magic, cámara cinematográfica dixital súper compacta con resolución 2.5K, montura para obxectivos tipo PL, 13 pasos de rango dinámico, gravación de arquivos RAW en ProRes e UltraHD

Motion Graphics

Texto e Imaxe en movemento, idóneo para vídeos corporativos, vídeos promocionais ou de produto e publicidade para televisión e internet, esta técnica de ilustracións en movemento ou animadas, chamada Motion Graphics xera un gran impacto e atractivo visual.

Deseño web - gráfico

Deseño e maquetación de páxinas web para todo os navegadores existentes; Internet Explorer, Mozilla Firefox, Safari, Google Chrome, Opera. Creación de paneis de xestión, carros da compra, plataformas de pago, etc. Uso de deseños a medida ou uso de plantillas a elexir polo cliente. Tecnoloxías Html5, WordPress, Flash.

Contacto

Pode contactar enchendo o seguinte formulario. Responderemos o máis axiña posible. Grazas

TOP